App Semana Santa Ferrol
2018

Participa

      inglaterra

Descargar

© Freeman Galicia



8 de mayo: Moitos de vós estabades a pedir a app da Semana Santa de Ferrol en versión iPhone. Querédela? Terédela...e moito antes do esperado. A Xunta de Confrarías segue contando connosco para poñer en marcha este novo proxecto. Moitas Grazas! Nuns días poderedes ver un vídeo en primicia co novo "estilo iPhone" para a app da Semana Santa de Ferrol. Síguenos en Twitter para estar ao tanto | Síguenos en Facebook para estar ao tanto

29 de marzo: Ferrol360 non se deixou esperar, grazas a Marta Corral que publica unha crítica sobre o xogo "Semana Santa Ferrol Fighter". Seguiremos traballando niso para estar á altura, descárgao e opina por tí mesmo, isto é só o principio... Esperamos a túa opinión, suxestións e apoio. Ler artigo completo en Ferrol360

29 de marzo: Só pasaron 2 días dende a publicación do Primeiro Xogo sobre a Semana Santa e O Correo Galego xa fala da nosa nova app. Grazas a Patricia Hermida pola súa entrevista telefónica e por interesarse polo noso proxecto. Ler Noticia no Correo Galego

27 de marzo: XA DISPOÑIBLE! O Primeiro Xogo sobre a Semana Santa de Ferrol. "Semana Santa Ferrol Fighter" é un xogo de preguntas sobre a Semana Santa e sobre lugares e locais emblemáticos de Ferrol. De momento empezamos con poucas preguntas e se vos gusta e apoiades o seu desenvolvemento con comentarios en Google Play seguiremos traballando neste proxecto seguindo as vosas suxestións. Descargar de Google Play

26 de marzo: El Martillo de Juan Galego - Diario de los Cofrades valora a app da Semana Santa de Ferrol: "A app da Xunta de Confrarías foi clave o primeiro día de Semana Santa". O Domingo de Ramos foi un día de moitas incidencias e grazas á app, os seguidores puideron estar informados en tempo real. Xa estamos a recibir tanto felicitacións como suxestións de mellora do devandito sistema; por exemplo, que as incidencias se almacenen nun histórico da app para poder consultalas de modo cronolóxico. Grazas polo voso apoio e as vosas suxestións que farán desta app a mellor adaptada ás necesidades dos seguidores e turistas. Ler artigo

24 de marzo: Estamos a puntiño de lanzar unha nova app. Trátase dun xogo que porá a proba os teus coñecementos sobre a Semana Santa de Ferrol. Estate atento e prepárate para o "Gran Torneo Semana Santa Ferrol Fighter". Descargar de Google Play

15 de marzo: Adiantamos nesta entrevista algunhas propostas para o vindeiro 2019. Xa podes escoitar a entrevista de Raúl Salgado a Freeman Galicia na Cadena SER Ferrol. Escoitar

12 de marzo: Isidoro Valerio de Radio Voz comenta sus primeras impresiones sobre la app ya disponible y entrevista a Ramón Sánchez de Freeman Galicia. Escoitar

6 de marzo: La Voz de Galicia presenta en titulares a nova app da Semana Santa de Ferrol. Resaltan os seus contidos en 3 idiomas, facilidade de uso e a súa compatibilidade con móbiles antigos. XA DISPOÑIBLE! La Voz de Galicia | Descargar App

6 de marzo: Galicia Ártabra, diario dixital ferrolano, asiste á presentación da app da Semana Santa Ferrolana. Galicia Ártabra

5 de marzo: Ferrol360 publica a presentación da app oficial da Semana Santa de Ferrol que fixemos o pasado sábado 3 de marzo. Gracias a Marta Corral. Ler noticia completa en Ferrol360

3 de marzo: A sección de actualidade do diario ABC fai una mención á presentación da nova App da Semana Santa de Ferrol para dispositivos móbiles. Ler noticia

3 de marzo: Máis de 100 persoas asistiron o Sábado á presentación da revista, procesionario e app da Semana Santa de Ferrol xunto con medios de comunicación que se fixeron eco do evento. Aquí tedes en exclusiva un video de adianto da app: La Voz de Galicia | Video (2:53)

27 de febrero: "O 70 % das prazas hostaleiras xa están reservadas para a Semana Santa de Ferrol". La Voz de Galicia entrevista aos principais hoteis de Ferrol e as previsións son moi positivas. Cantos deles instalarán a app de Semana Santa? La Voz de Galicia

7 de febreiro: Xa tenemos data, hora e lugar de presentación da nova App da Semana Santa de Ferrol. O Sábado 3 de Marzo ás 12:00 no Casino Ferrolano. O evento é aberto ao público e accesible para persoas con discapacidade auditiva. Web | Cómo chegar

1 de febreiro: Spot da Semana Santa de Ferrol presentado en FITUR 2018. Realizado por Iris Producions Video (0:27)

30 de Xaneiro: Xa dispoñible a reportaxe de Natalia Anguita sobre FITUR FERROL 2018. Vía Televisión Ferrol. Video (1:20:05)

26 de Xaneiro: Especial FITUR en Televisión Ferrol, este Domingo ás 21:30. Falarase da nova app da Semana Santa de Ferrol. Video (0:23)

17 de Xaneiro: A Xunta de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR) a nova APP Semana Santa Ferrol xunto con outras novidades para fomentar o turismo en Ferrol así como promocionar a Semana Santa. Foto do stand. ¡Retwittea!

8 de Xaneiro: César Carreño, Presidente da Xunta de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol fala no programa de Televisión Ferrol 'Espacio Aberto' sobre a nova App Semana Santa Ferrol 2018 que se está a desenvolver por Freeman Galicia. Escoita a entrevista

27 de Decembro de 2017: Ada Romero entrevista a Freeman Galicia na Cadea COPE FERROL. Coméntanse as principáis funcionalidades da app. Escoita a gravación